Ascende a varios milleiros o número de profesionais técnicos que participan nas producións culturais en Galicia. Neste senso, a nosa comunidade conta, dende hai dez anos, cun convenio colectivo sectorial. É o único contrato destas características a nivel español que supón dispor de tal instrumento, aínda que a súa difusión aínda é escasa e, polo tanto, tamén é cativo o coñecemento que del ten a forza laboral galega.
Atopámonos, por tanto, diante dunha necesidade que se pretende resolver, primeiramente, coa creación do primeiro sindicato de profesionais técnicos do espectáculo, para trasladar a todas as persoas que, sen seren artistas nin dispor da forza mediática destes, traballa de cotío no amplo e moi vivo sector cultural de Galicia.
As I XORNADAS SOBRE OS DEREITOS DOS PROFESIONAIS TÉCNICOS DO ESPECTÁCULO pretenden ser o primeiro evento destas características en Galicia, e ser un espazo continuado no tempo para establecer o foro de debate axeitado no que discutir melloras nas condicións laborais de traballadores e traballadoras da cultura en Galicia e fomentar avances na conquista dos seus lexítimos dereitos.
| jpg | 77.92 KB |






















