Escena Galega, co apoio e colaboración da Xunta de Galicia por medio Agadic e da Cidade da Cultura, organiza a 1ª XORNADA ESCÉNICA DE PROMOCIÓN PROFESIONAL E VENDA DE GALICIA.
Esta nova actividade ponse en marcha como "proba piloto" e trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar o labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra, enfocado sobre todo na produción e traballos escénicos producidos no 2º semestre do ano e de cara á programación do primeiro semestre de 2022 da RGTA (que abrirá o seu periodo de contratación non antes desa data), mais tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal, etc).
Programa da xornada:
Quenda de mañá
- 10h. – 10.30h. BENVIDA AOS / ÁS PROFESIONAIS ASISTENTES E INAUGURACIÓN DA XORNADA
- 10.30h. – 11.30h. DINÁMICA DE PRESENTACIÓN E BENVIDA Guiada polo facilitador Diego Parajó.
- 11.30h. – 14.30h. ROLDA DE PRESENTACIÓNS PROFESIONAIS RÁPIDAS (15 presentacións de 8 min. + 2’5 min. aproximadamente entre elas)
- 12.30h. – 13h. (APROX.) PAUSA CAFÉ / NETWORKING *Realizarase unha pausa café durante a rolda de presentacións.
Quenda de tarde:
- 14.30h. – 16h. XANTAR COMPARTIDO / NETWORKING
- 16h. – 19h. ROLDA DE NEGOCIO: XUNTANZAS RÁPIDAS (máximo 14 xuntanzas de 8 min. por programador/a + 2 ́5 min aproximadamente entre elas + dúas pausas/descanso de 15 minutos).
























