Escena Galega I 1ª xornada escénica de promoción profesional e venda de Galicia

Escena Galega, co apoio e colaboración da Xunta de Galicia por medio Agadic e da Cidade da Cultura, organiza a 1ª XORNADA ESCÉNICA DE PROMOCIÓN PROFESIONAL E VENDA DE GALICIA.

Esta nova actividade ponse en marcha como "proba piloto" e trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar o labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra, enfocado sobre todo na produción e traballos escénicos producidos no 2º semestre do ano e de cara á programación do primeiro semestre de 2022 da RGTA (que abrirá o seu periodo de contratación non antes desa data), mais tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal, etc).

Programa da xornada:

Quenda de mañá

  • 10h. – 10.30h. BENVIDA AOS / ÁS PROFESIONAIS ASISTENTES E INAUGURACIÓN DA XORNADA 
  • 10.30h. – 11.30h. DINÁMICA DE PRESENTACIÓN E BENVIDA Guiada polo facilitador Diego Parajó. 
  • 11.30h. – 14.30h. ROLDA DE PRESENTACIÓNS PROFESIONAIS RÁPIDAS (15 presentacións de 8 min. + 2’5 min. aproximadamente entre elas)
  • 12.30h. – 13h. (APROX.) PAUSA CAFÉ / NETWORKING *Realizarase unha pausa café durante a rolda de presentacións.

Quenda de tarde:

  • 14.30h. – 16h. XANTAR COMPARTIDO / NETWORKING
  • 16h. – 19h. ROLDA DE NEGOCIO: XUNTANZAS RÁPIDAS (máximo 14 xuntanzas de 8 min. por programador/a + 2 ́5 min aproximadamente entre elas + dúas pausas/descanso de 15 minutos).
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI