Claves Líricas | Teo Cardalda leva á escena a poesía de Valle Inclán

En Claves Líricas, Teo Cardalda tece un espectáculo sorprendente que mestura teatro e música arredor do xenio de Valle Inclán.

A poesía do creador do esperpento, o seu particular uso da linguaxe e as súas chaves humorísticas toman forma musical nesta peza que leva ás táboas escénicas o intenso traballo de documentación que Cardalda vén desenvolvendo dende hai unha década arredor da obra poética de Valle Inclán e que tamén tomou forma impresa nun disco-libro homónimo editado por Altafonte.

Tanto este volume como o novo espectáculo herdan o nome da compilación de poemas que Valle Inclán realizou en 1930 e sobre a que María Monsonís, compañeira de Cardalda en Cómplices, realizou unha selección de pezas que chega agora aos teatros envolta en música, coreografías e proxeccións. Os versos de Valle Inclán adquiren unha outra dimensión sonora que os fai viaxar polo rock, o rap, a balada, a ópera pop ou o tecno punk nunha mestura tan arriscada e fantástica como o seu autor.

No tecido duns poemas cos outros, Cardalda compón novos textos que nos convidan a imaxinar que acontecería se o dramaturgo volvese á terra e expresase a súa visión sobre o que ve, sobre a súa relación con Josefina Blanco, sobre a súa vida e sobre a morte.

Con Teo Cardalda na pel de Valle Inclán e María Monsonís na de Josefina Blanco, o espectáculo ofrécenos unha radiografía artística do escritor e trasládanos a súa imaxe do mundo como esperpéntico sainete. 

Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e a asistencia é de balde previa retirada de convite en Ataquilla.com

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30