Fogos do Apóstolo 2021 no Gaiás

Sábado 24 de xullo 

Na noite do sábado 24 de xullo de 2021, os Fogos do Apóstolo lánzanse desde cinco localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás (ademais das Fontiñas, a Alameda, o Restollal e as Cancelas). Para que o público poida contemplar o espectáculo pirotécnico, o recinto da Cidade da Cultura prolongará o seu horario habitual e tanto os aparcamentos como os espazos exteriores estarán abertos ata as 2.00 da madrugada.

A praza central, as faldras do Bosque de Galicia ou outros puntos do complexo, como o Parque da Balea, ofrecen unha boa visibilidade do ceo de Compostela, permitindo gozar do espectáculo respectando a distancia social.

Cómpre ter en conta que os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas. Poderase acceder a parte do Bosque desde o Parque da Balea, sempre respectando as zonas acoutadas de seguridade.

Sábado 31 de xullo 

O sábado 31 de xullo de 2021, o Gaiás convértese na localización única para o lanzamento dos fogos. Dada a súa magnitude, a Cidade da Cultura sufrirá restricións ao tránsito peonil que comezan ás 10 horas nas áreas próximas ao lanzamento. Tamén neste caso, os accesos peonís ao Bosque de Galicia desde a rúa Diego Bernal permanecerán pechados a partir das 16.00 horas.

Dadas estas restricións, recoméndase evitar aglomeracións e optar por outros puntos altos da cidade que ofrecen igualmente unha boa visibilización do espectáculo pirotécnico, como os miradoiros das Cancelas, o Pedroso, Monte de Deus, a Almáciga, etc.

Recomendacións xerais

Lembramos a obrigatoriedade de cumprimento de todas as medidas sanitarias de prevención, e que o emprego da máscara é obrigatorio ao aire libre en casos de aglomeracións de persoas nas que non se garanta en todo momento o respecto da distancia de seguridade de 1,5 metros.

Agradecemos a responsabilidade de todas as persoas asistentes e desexámosvos moi boas festas!

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
19 abr 2026
Ás 18:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h