O sábado 4 de marzo de 2023 pola tarde celébrase o XV Encontro da Muller Xorda de Galicia, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia en colaboración coa Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela.
O acto será no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, e inclúe a lectura do manifesto da Confederación Estatal de Personas Sordas polo 8 de marzo e varias actuacións artísticas a cargo de persoas xordas. En primeiro lugar, subiranse ao escenario María José Cruz Agra e nenas de ANPANXOGA, coa actuación “Unimos os nosos camiños”. Despois será a quenda de María José López Espello, co título “Vernacular Visual con María José”.
Tras as actuacións e un breve descanso, farase a entrega de recoñecementos a mulleres xordas de Galicia nos ámbitos do movemento asociativo, laboral e artístico, presentados por Isabel Fernández, membro do consello de participación de mulleres xordas da CNSE. O encontro pecharase cunha proxección audiovisual sobre os Encontros da Muller Xorda de Galicia.
Máis información AQUÍ.
























