Xornadas RedETS 2022

Os días 14 e 15 de novembro terán lugar as IX Xornadas da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias (RedETS) no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, que este ano están organizadas por Avalia-t, a Unidade de Asesoramento Científico-técnico dependente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) da Consellería de Sanidade.

A xornada do día 15 diríxese a calquera persoa interesada na avaliación de tecnoloxías sanitarias, especialmente aquelas que traballan neste ámbito, axentes de interese (pacientes, clínicos e produtores de tecnoloxías) ou usuarios de avaliación dos diferentes niveis de decisión do Sistema Nacional de Saúde. A sesión pode seguirse de maneira presencial, previa inscrición por mail a avalia_t.acis@sergas.es, e tamén en streaming por webinario zoom (rexistro aquí).

A avaliación de tecnoloxías sanitarias apoia a toma de decisións no ámbito da saúde co obxectivo de promover sistemas sanitarios máis eficientes, equitativos e cohesionados. A RedETS aspira a ser o referente na resposta ás necesidades de avaliación do Sistema Nacional de Saúde en España, sendo a participación, a transparencia e a comunicación valores transversais en todas as súas actividades.
 
Programa completo aquí.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
12 Mai — 5 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO