Xornadas para coordinadores de actividades de formación en centros

O próximo xoves 26 de abril celebrarase unha nova sesión da actividade S1702017 Xornadas para coordinadores e coordinadoras de actividades de formación en centros. Curso 2017-2018. Terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia en horario de 16:30 a 20:30 horas.

Os obxectivos das xornadas son facilitarlles ás persoas que asumen a coordinación de actividades de formación en centros as estratexias necesarias para desenvolver a súa responsabilidade dun xeito eficaz; dotalos de recursos e ferramentas para a dinamización dos grupos e para a resolución dos conflitos que lles poidan xurdir; e facilitar a comunicación entre persoas de diferentes centros que exercen as mesmas funcións, de cara compartir a súas experiencias e crear redes de apoio na dinamización da formación nos centros.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta