Xornadas de Formación básica. Programa Piteas

A Fundación Barrié leva a cabo o programa Piteas de formación e mentorin para o desenvolvemento no talento nas aulas, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a USC.

A implementación do programa PITEAS nas aulas comezou en setembro co curso escolar 2016/17 aínda que a formación a profesores xa comezou con obradoiros e conferencias a finais do ano pasado.

O programa estrutúrase en catro anos, dos cales tres son de implantación e un de consolidación nos nove centros piloto seleccionados para tal fin entre a Consellería e a propia Fundación.

No primeiro ano, a través do equipo de expertos creado a tal efecto, a Fundación Barrié formará a un grupo de profesores e aos coordinadores dos centros participantes. No segundo e terceiro ano, a través dos grupos de traballo creados a tal efecto en cada centro, os docentes formados inicialmente compartirán a aplicación con outros profesores. E xa no cuarto e último ano, cada centro, implicando á totalidade do profesorado, aplicará o programa de xeito intensivo.

Este programa débelle o seu nome a Piteas, un navegante, explorador e científico grego do século IV a. C., a quen se atribúen importantes descubrimentos, entre eles, que Hispania era unha península. Piteas soubo unir ciencia, esforzo e talento para construír unha nova mirada sobre o mundo que lle rodeaba, unha idea que a Fundación Barrié retoma como metáfora do seu compromiso educativo.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h