O Clúster de Turismo de Galicia está inmerso na tarefa de deseñar a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, documento que marcará as principais liñas a seguir nos vindeiros catro anos. Un dos grandes obxectivos do Clúster é que esta folla de ruta sexa asumida por todos/as: sector público, privado e pola propia cidadanía.
A Cidade da Cultura acolle unha xornada técnica de traballo que ten como obxectivo coñecer de primeira man a diagnose realizada polas tres universidades galegas sobre a situación actual do turismo en Galicia. Estes documentos de diagnose constitúense como o punto de partida para arrancar un proceso de participación de todo o sector turístico na elaboración da Estratexia. Durante a xornada técnica presentaráse tamén un espazo web deseñado especialmente para recoller tódalas achegas do sector turístico galego, e tamén para posibilitar o acceso e consulta ós documentos da Estratexia que se vaian xerando.
























