Xornada Técnica. Elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2010

O Clúster de Turismo de Galicia está inmerso na tarefa de deseñar a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, documento que marcará as principais liñas a seguir nos vindeiros catro anos. Un dos grandes obxectivos do Clúster é que esta folla de ruta sexa asumida por todos/as: sector público, privado e pola propia cidadanía. 

A Cidade da Cultura acolle unha xornada técnica de traballo que ten como obxectivo coñecer de primeira man a diagnose realizada polas tres universidades galegas sobre a situación actual do turismo en Galicia. Estes documentos de diagnose constitúense como o punto de partida para arrancar un proceso de participación de todo o sector turístico na elaboración da Estratexia. Durante a xornada técnica presentaráse tamén un espazo web deseñado especialmente para recoller tódalas achegas do sector turístico galego, e tamén para posibilitar o acceso e consulta ós documentos da Estratexia que se vaian xerando. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027