Xornada informativa sobre o programa europeo Erasmus+, especialmente dirixida ás persoas que traballan no sector cultural de Galicia tanto do eido público coma do privado. O obxectivo da sesión é informar sobre as posibilidades que o Erasmus+ ofrece para as entidades culturais á hora de formular e financiar proxectos de formación (formal e non formal), proxectos de mobilidade ou asociacións estratéxicas.
A xornada, que terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, consta de relatorios de expertos e da exposición de varios proxectos galegos de éxito neste eido.
- 09.00 h Inauguración da xornada
- 09.30 h Erasmus+. Bases do programa
- 10.15 h A educación das persoas adultas nas políticas europeas
- 11.00 h Pausa café
- 11.30 h Erasmus+ e a internacionalización das institucións de formación de persoas adultas: accións clave
- 12.30 h Mesa de boas prácticas: proxectos desenvolvidos en Galicia.
- 13.30 h Clausura da xornada
Pódese consultar máis información sobre a xornada na web cultura.gal.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 xan -
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
14 mar 2026
Ás 19:00h























