Xornada informativa sobre a Central de Contratación da FEMP

O próximo 6 de abril celébrase na Cidade da Cultura de Galicia (Edificio CINC Auditorio 2) unha xornada informativa sobre a Central de Contratación da FEMP.

O obxectivo é informar sobre o funcionamento e vantaxes da Central de Contratación, información sobre os trámites a realizar para a contratación de servizos e subministración dispoñibles, incidencia da nova lei de contratos do sector público no seu funcionamento e liñas de traballo futuras.

A sesión vai dirixida a responsables políticos e responsables técnicos das áreas de contratación, intervención, secretaría, facenda, ou calquera outra afectada polo obxecto das diferentes subministracións e servizos ofrecidos dende a mesma.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 2 de abril no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/CKxwoSMG1hBnonav2

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI