O próximo congreso da SIEF (Asociación Internacional de Etnoloxía), convocado baixo o lema: Track Changes: Reflecting on a Transforming World, terá lugar en Santiago de Compostela, do 14 ao 17 de abril de 2019. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá a xornada inaugural do congreso, cunha conferencia a cargo de Susana Narotzky, profesora titular de antropoloxía social na Universidade de Barcelona, especialista en antropoloxía económica e investigadora especializada en temas como o traballo das mulleres na economía somerxida e a importancia dos factores ideolóxicos na organización económica.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























