XIII Olimpíada de Xeoloxía. Fase galega

A Olimpíada de Xeoloxía é unha actividade educativa con carácter nacional e internacional dirixida ao alumnado de Secundaria (alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.) coa fin de potenciar o ensino da Xeoloxía. Organizada pola Asociación para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPCT) coa colaboración institucional do Ministerio de Educación y Ciencia e de diferentes comunidades autónomas, desenvólvese segundo fases provinciais ou autonómicas previas.

Na Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía colaboran as tres universidades de Galicia e a Consellería de Educación, Cultura e Universidade da Xunta. Esta fase terá lugar o 16 de febreiro de 2022 de maneira simultánea en cinco sedes para facilitar a participación do alumnado galego: A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Ribadeo. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultra é o lugar elixido como sede en Santiago de Compostela. A olimpíada consta de varias probas teóricas e prácticas, tanto individuais coma de grupo.

As persoas que acaden a máxima cualificación pasarán á Fase Española, que se levará a cabo o día 26 de marzo en Almería, de xeito presencial. A organización garante a asistencia a esta do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.

É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h