A Asociación Galega de Matronas (AGAM) organiza o curso de Xestión mental da dor enfocada ao parto - Método Nacer Sabiamente, que impartirá o recoñecido matrón Alejandro Ojeda o vindeiro 16 de setembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
O curso, de 8 horas de duración, diríxese a matronas e residentes de matronas e será 100% presencial. A interacción será constante, mediante resolución de dúbidas, casos prácticos e exercicios en grupo onde poder integrar o contido teórico.
Obxectivos:
Obxectivos xerais:
- Comprender o funcionamento xeral da mente e como afectan os seus procesos ao parto.
- Entender a fisioloxía da dor e as estratexias mentais para alivialo no parto.
- Aprender e practicar estratexias de comunicación efectiva para un acompañamento adecuado tanto na preparación como no propio parto.
Obxectivos específicos:
- Profundar sobre a dor no parto: causas, funcións e condicionamentos.
- Estratexias de alivio da dor no parto: reencuadrar o concepto de “dor de parto”, xestionar e afrontar eficazmente o parto, usar a mente e o corpo para activar unha resposta neurofisiológica positiva.
- Aprender as estratexias de comunicación efectiva para facilitar a xestión da dor.
- Practicar as estratexias aprendidas para o alivio da dor para integralas.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI























