Xestión mental da dor enfocada ao parto - Método Nacer Sabiamente

A Asociación Galega de Matronas (AGAM) organiza o curso de Xestión mental da dor enfocada ao parto - Método Nacer Sabiamente, que impartirá o recoñecido matrón Alejandro Ojeda o vindeiro 16 de setembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O curso, de 8 horas de duración, diríxese a matronas e residentes de matronas e será 100% presencial. A interacción será constante, mediante resolución de dúbidas, casos prácticos e exercicios en grupo onde poder integrar o contido teórico.

Obxectivos:

Obxectivos xerais:

  • Comprender o funcionamento xeral da mente e como afectan os seus procesos ao parto.
  • Entender a fisioloxía da dor e as estratexias mentais para alivialo no parto.
  • Aprender e practicar estratexias de comunicación efectiva para un acompañamento adecuado tanto na preparación como no propio parto.

Obxectivos específicos:

  • Profundar sobre a dor no parto: causas, funcións e condicionamentos.
  • Estratexias de alivio da dor no parto: reencuadrar o concepto de “dor de parto”, xestionar e afrontar eficazmente o parto, usar a mente e o corpo para activar unha resposta neurofisiológica positiva.
  • Aprender as estratexias de comunicación efectiva para facilitar a xestión da dor.
  • Practicar as estratexias aprendidas para o alivio da dor para integralas.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI