Co gallo do Día das Letras Galegas 2024, volve á Cidade da Cultura a X Carreira Camiño das Letras, organizada por Xurdir coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Esta competición deportiva ten lugar o martes 17 de maio entre Boqueixón e Santiago de Compostela co obxectivo de unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
A X Carreira Camiño das Letras conta cunha proba absoluta que parte desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura e outra carreira de 5 km na contorna do Monte Gaiás, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.
O prazo de inscrición está aberto ata o martes 14 de maio ás 23,59 horas.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Sábados do 18 Abr ao 16 Mai 2026
12.00 h

























