VI Premios Mágnum do Viño Galego

O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 7 de marzo ás 19:30 horas o acto de entrega da sexta edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, cos que pretende recoñecer o traballo dos mellores profesionais do viño en Galicia. Serán máis de cento cincuenta as persoas que acudirán a esta cita que terá lugar no auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura e que reunirá aos máis importantes profesionais do sector na nosa Comunidade, así como a representantes do eido político e social.

O Ingavi concederá estes galardóns nas seguintes categorías:

  • Mágnum ao Mellor Viño Galego
  • Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
  • Mágnum á Mellor Adega Galega , entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade .
  • Mágnum ao Mellor Labor de Difusión do Viño Galego.
  • Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego.
  • Mágnum Honórifico "Vinolvidable" a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.

Entre os galardoados en anteriores edicións atópanse recoñecidas personalidades do viño en Galicia como Xosé Luis Mateo, Gerardo Méndez, Luis Anxo Rodríguez ou Horario Fernández Presa. Tamén contan con esta distinción La Voz de Galicia, a Aula de Viños de Afundación, o enólogo Raul Pérez, o restaurante Casa Solla e a vinoteca Bagos, entre outros.

Os premios estarán representados, un ano máis, por 6 obras de arte, 6 fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro, unha das artistas máis aclamadas na última edición da feira Art Madrid, e que consiste nunha revisión da botella magnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI