'Vangarda Primaria. Cociñando o territorio' con Lucía Freitas

O vindeiro luns 23 de xaneiro, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) recibe á chef compostelá Lucía Freitas, xefa de cociña do restaurante A Tafona, galardoado, entre outros recoñecementos, cunha estrela Michelin 2018 e 2 Soles na Guía Repsol. 

Durante a súa intervención, a chef presentará as principais liñas conceptuais que vertebran o seu traballo, o que ela mesma define como Vangarda Primaria, unha filosofía que tenta poñer en valor na alta cociña o potencial identitario da súa terra, poñendo a mirada no esencial e reivindicando o papel das verdadeiras protagonistas do ecosistema gastronómico galego (produtoras, vendedoras e cociñeiras).

Así mesmo, presentará o proxecto ‘Amas da Terra’, que está a dar os seus primeros pasos e que pretende facer unha homenaxe de xustiza á cadea de valor do sostén da gastronomía de Galicia e de todas as gastronomías do mundo: as mulleres facedoras, produtoras, cociñeiras, gandeiras, mariscadoras, emprendedoras e sabias do rural.   

O evento terá lugar dende as 11:00 h na Sala 10 do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura.

A entrada é libre e de balde, previa confirmación de asistencia no enderezo cispac.xestion@usc.es

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI