V Maker Faire Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá entre o 3 e o 7 de xullo a quinta edición da Maker Faire Galicia, que volve ao Gaiás enmarcada na programación do seu Centro de Emprendemento Creativo e con dúas novidades: celébrase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores edicións, pasa de 3 a 5 días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres.

A Maker Faire é un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos  públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía... un lugar, en definitiva, para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

XORNADAS PROFESIONAIS

As tres xornadas enfocadas ao público profesional celebraranse do 3 ao 5 de xullo no Edificio CINC e centraranse en temáticas clave para o futuro da industria e a innovación como mobilidade, enerxía, intelixencia artificial, robótica, ciberseguridade, open data ou emprendemento. Ademais, a xornada do venres contará cun xurado especializado que outorgará premios aos proxectos mais innovadores presentados polos makers durante esa semana: 1000€, 500€ e 250€.

PÚBLICO XERAL

A fin de semana –6 7 de xullo– abriranse as portas do Museo Centro Gaiás para o público xeral, cunha programación para nenos, familias e maiores que contará con obradoiros, charlas, actuacións ou campionatos entre outras moitas actividades programadas e que buscan sorprender os visitantes.

 
 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h