Xornadas profesionais da V Maker Faire Galicia

O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Durante os tres días as persoas asistentes poderán consultar os stands das empresas expositoras, ademais dos makers que participan na xa habitual competición de proxectos.

Na xornada do mércores as temáticas a tratar serán a enerxía, a mobilidade e a intelixencia artificial, a través de mesas de debate nas que participarán empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Indra entre outras. O xoves 4 de xullo abordarase a robótica, a ciberseguridade e o Open Data, tamén a través de empresas de referencia como KUKA, Siemens, NEC ou Balidea.

O broche final ás xornadas profesionais será a xornada do 5 de xullo na que se explorará a conexión entre o mundo maker e a industria 4.0 a través de charlas con relatores de referencia internacional como Justin Berger, de IKEA, ou Mariano Silveyra, de Cabify. Na mesa de industria 4.0 participarán empresas galegas de recoñecido prestixio como Finsa, Plexus, Televés, Kaleido ou Alén Space que analizarán a súa traxectoria e o paso "do garaxe" ao mercado. Tamén contaremos cunha mesa onde estarán as aceleradoras de Telefónica, Airbus, F. Iniciativas e Cuatrecasas, que analizarán as oportunidades que teñen os makers para levar os seus proxectos ao mercado.

Nesta xornada tamén se desvelerán os 3 mellores proxectos makers profesionais que competirán por ese primeiro posto ante un xurado de expertos. Finalmente rematará cun xantar networking no que se fomentará o intercambio de opinións entre os asistentes e os relatores.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO