Texto-matón | Tipografía 'Galicia futura'

No noso día a día, relacionámonos, emocionámonos, rimos, amamos e odiamos a través de tipografía. Dun xeito natural volcamos na tipografía, ou percibimos a través dela, emocións e opinións que van moito máis aló do seu contido.

Como elemento gráfico central da exposición Galicia Futura, como reflexo do seu contido e espírito, deseñouse precisamente unha tipografía. En realidade, un artefacto tipográfico composto de tres tipografías.

Tres tipografías modulares e mono espaciadas que, como as pezas da exposición, cando se superpoñen e combinan constrúen o elemento lexible e comprensible, como as capas de coñecemento que o espectador descubre e conecta en Galicia Futura. Tres tipografías que son forma pero tamén mensaxe, e que agora se converten nunha ferramenta aberta ao público para descargar, utilizar e modificar e construir a súa propia mensaxe.

Como usar as tipografías?

Estas tipografías son de libre uso. Son tres ficheiros OTF que se poden instalar en calquer ordenador. Para conseguir un texto lexible débese escribir o mesmo texto en tres caixas de texto distintas, cada unha con unha das tipografías, e logo superpoñelas.

Preme AQUÍ para descargar os ficheiros e instalar no teu ordenador a tipografía Galicia futura!

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30