AJE e o Centro de Emprendemento do Gaiás queren achegar a túa contorna empresarial e amosarche as oportunidades que brinda para facer negocios a través do Summer Networking, evento no que durante case dúas horas coñecerás de primera man diversas empresas da provincia coas que intercambiar intereses.
Contas con 4 minutos para presentar a túa empresa dunha forma orixinal e creativa: Podes cantar, bailar, preparar un breve monólogo, buscar a complicidade dos teus compañeiros ou tocar un instrumento. Se prefires, a fórmula tradicional de toda a vida. Poderás apoiarte nun máximo de 5 diapositivas e lánzate a conquistar ao teu público!
Envíanos o logo e unha breve presentación da túa empresa para proxectala xunto ao resto de propostas participantes durante o trascurso da xornada, así como para incluila no dossier que se repartirá ao final do evento.
Á xornada asistirán tamén asesores en materia fiscal, comercial, innovación e comunicación que se porán a túa disposición para calquera consulta ou orientación sobre o enfoque que lle queiras dar a túa firma.























