Spin 2016

A Cidade da Cultura de Galicia allerá do 29 de setembro ao 1 de outubro de 2016 o Spin2016. Baixo o lema Creando Cultura Emprendedora, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica reunirá a 2.000 emprendedores, estudantes, investigadores, empresarios, investidores e académicos de 20 países, e ofrecerá apoio directo a 150 proxectos e startups nadas da Universidade. 

O programa, que dedicará especial atención ás industrias culturais e creativas, inclúe charlas, conferencias, marketplace, obradoiros e seminarios, coa participación de empresarios de referencia internacional e expertos do mundo dos negocios, a academia, a ciencia, a gastronomía... Ademais, no marco do Spin2016, a RedEmprendia lanzará unha nova edición de Model2Market, programa dirixido a emprendedores que aínda non deron o salto ao mercado, e cuxo obxectivo é fortalecer modelos de negocio nados da Universidade que destaquen polo seu elevado grao de innovación e potencial de impacto social e económico.

O evento Spin2016 medra e consolídase con cada nova entrega. Nas súas dúas edicións previas tivo 1.300 asistentes de 16 países, máis de 70 entidades colaboradoras públicas e privadas, e repartiu máis de 160.000 euros en premios para impulsar ideas, modelos de negocio e proxectos emprendedores.

O Spin2016 está organizado por RedEmprendia co apoio das consellerías de Educación e de Industria da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña, a Universidade do Porto, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Banco Santander, a través de Santander Universidades.

 
 
6 Nov 2020 - 4 Abr 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De 9 a 21 h
12 Nov 2020 - 7 Mar 2021
De luns a domingo | De 10 a 20 h
21 Dec 2020 - 5 Mar 2021
De 9 a 21 h
30 Xan - 13 Mai 2021
De 9 a 21 h
16 Xan - 27 Mar 2021
Sábados ás 12 h
ADIADO A MAIO