O grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra) da USC e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) organiza o Simposio internacional "Historia e innovación para a agroecoloxía", que se desenvolverá o venres 27 de setembro a partir das 9.00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
O encontro ten como obxectivo debater desde a perspectiva histórica a innovación e o cambio tecnolóxico para a agroecoloxía, así como reflexionar sobre a proposta dunha transición ecolóxica dende o coñecemento histórico.
No evento participarán persoas que traballan nestes temas por toda Europa desde distintos enfoques.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 14 xul - 31 ago

























