Serán'03 | Masterclass 'A pandeireta nos seus segredos italianos'. Con Livia Giaffreda

A masterclass 'A pandeireta nos seus segredos italianos', amosaranos novas variantes nos xeitos de tocar este instrumento da man da cantante e percusionista de Puglia, Livia Giaffreda, que se achegou ao mundo da música tradicional grazas ao tamburello, un dos pandeiros de marco do sur de Italia. Estuda o instrumento desde 2014, primeiro como autodidacta e despois xunto a recoñecidos Mestres como Michele Piccione, Nando Brusco, Glen Velez e Andrea Piccioni, o seu profesor no conservatorio de Catanzaro na Calabria.

Sendo a voz o seu instrumento principal, dedícase á aprendizaxe e á interpretación dos cantos da súa terra de orixe, e de moitas outras culturas, grazas aos proxectos musicais cos que ten traballado nos últimos oito anos. O seu repertorio abrangue as sonoridades do sur de Italia, España, Portugal, Grecia e os Balcáns, Francia, América Latina, Creta ou a illa da Reunión. Tamén actúa como performer na compañía internacional Won Myeong en Suecia e coa compañía Anemone Teatro en Italia.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h