Seminario sobre o Senfogarismo en Galicia: deseñando as políticas de futuro

O seminario está organizado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, en colaboración coa Cruz Vermella e diríxese a representantes e profesionais de entidades públicas e privadas que traballan a prol da inclusión social, e de xeito concreto con programas ou servizos dirixidos a atender ás persoas sen fogar.

O seminario contextualízase nun momento no que se comeza a preparar o futuro Plan de Atención ás Persoas sen Fogar de Galicia, que ten previsto lanzar a Xunta de Galicia o próximo ano. Por este motivo, buscará identificar tendencias e cuestións clave en materia de senfogarismo, así como recoller propostas e consideracións que apoien a súa fundamentación.

Programa:

  • 10 h Apertura 
  • 10,15 h Conferencia inaugural
  • 11 h Presentación de resultados dun estudio sobre persoas sen fogar en Galicia
  • 11,30 h café
  • 12 h – 13,30 h Mesa redonda 
  • 14 h Comida 
  • 15 – 17,30 h Actividade de interacción profesional con work coffee 
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta