RSE nas entidades de economía social

Conceptos como a xustiza, equidade, integración social, dereitos humanos... que se incorporaron ao mundo da empresa a través da responsabilidade social como modelo de xestión empresarial, coinciden plenamente cos principios fundamentais das entidades de economía social que apostan pola persoa por encima do capital social, a repartición de beneficios con criterios colectivos, a organización democrática das estruturas de goberno e a solidariedade coa contorna.

Para falar das vantaxes que a RSE pode achegar ás organizacións de economía social e para coñecer prácticas de sustentabilidade que xa están a realizar este tipo de empresas en Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, organiza o vindeiro 6 de outubro unha xornada baixo o título de RSE nas entidades de economía social

O evento será inaugurado ás 9.30h pola Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús e iniciarase coa conferencia marco A xestión da RSE nunha entidade de economía social. O caso da Adega Martín Códax, a cargo do director xeral da entidade, Juan A. Vázquez. Posteriormente, terá lugar unha mesa redonda de boas prácticas onde Metal Ferrol S.A.L., Fundación Ronsel, Federación Galega de Confrarías, Viña Costeira e TRAMEVE, compartirán con todos os asistentes as súas iniciativas de éxito en materia de RSE. 

O evento contará cun espazo de debate especializado onde participarán José Montes, presidente de FEIRACO; Rosa Gutiérrez, directora de RSE de Galega de Economía Social, e Carmen José López, presidenta de AJE Galicia e investigadora do Centro de Estudos Cooperativos, que achegarán aos asistentes a súas opinións expertas sobre as oportunidades que a RSE lles ofrece ás entidades de economía social. 

No acto será presentado o Manual de RSE en entidades de economía social elaborado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo facilitar a comprensión dos principais estándares e referencias en materia de RSE, axudando á posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte das entidades que conforman o sector da economía social en Galicia. 

A xornada RSE en entidades de economía social está dirixida tanto a persoas vinculadas a entidades de economía social, como a persoas interesadas na RSE e/ou no modelo empresarial das organizacións de economía social. 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI