Reunión informativa CANSAT

Reunión informativa da fase rexional da competición CANSAT (ESERO) que organiza a Consellería de Cultura e Turismo á que asistirán os docentes dos equipos participantes.

CanSat  é unha competición da Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como obxecto deseñar unha simulación real dun satélite. No espazo dunha lata de refresco os equipos, formados por estudantes de secundaria entre 14 e 20 anos deberán integrar os principais subsistemas dun satélite (fonte de alimentación, sensores de comunicación, sistema de caída controlada, etc). A organización encargarase de ascender o satélite ata unha altura máxima de 1000 metros desde onde será soltado para iniciar un descenso controlado e con toma de datos. 

O alumnado participante verase inmerso nun proxecto espacial a pequena escala, adquirindo competencias STEM e fomentando a colaboración e o traballo en equipo.

A fase galega está xestionada pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración con ESERO Spain, na que os equipos reciben apoio e acompañamento ata chegar a unha fase de lanzamentos en Galicia. O equipo gañador desta fase pasa directamente á fase nacional, organizada por ESERO Spain en colaboración coa FECYT e a Fundación Ibercivis. O equipo gañador nacional competirá a nivel europeo. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta