Retos e oportunidades das redes 5G

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e Amtega organizan a xornada Oportunidades e retos das redes 5G. Será un foro de debate arredor do marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que estas terán na sociedade, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

O encontro terá lugar o 27 de xuño ás 10:00 na Cidade da Cultura de Galicia e para asistir cómpre inscribirse na web do Centro Demostrador TIC no seguinte enlace ou a través do correo cdtic@xunta.gal.

Pode descargarse aquí o programa da Xornada 5G

Esta actividade está financiada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como promotora do proxecto na totalidade das actuacións asociadas ao convenio de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta