A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e Amtega organizan a xornada Oportunidades e retos das redes 5G. Será un foro de debate arredor do marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que estas terán na sociedade, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.
O encontro terá lugar o 27 de xuño ás 10:00 na Cidade da Cultura de Galicia e para asistir cómpre inscribirse na web do Centro Demostrador TIC no seguinte enlace ou a través do correo cdtic@xunta.gal.
Pode descargarse aquí o programa da Xornada 5G
Esta actividade está financiada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como promotora do proxecto na totalidade das actuacións asociadas ao convenio de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
























