Recepción premios nacionais clubs de lectura

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibirá aos 11 centros galegos distinguidos nos premios nacionais aos Clubs de Lectura Escolares 2022-2023, que convoca a Secretaría de Estado de Educación. No Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás.

Os premios diríxense a centros educativos do territorio español sostidos con fondos públicos que impartan os ensinos básicos (Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e ciclos formativos de grao básico) reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e os centros de educación de persoas adultas, que desenvolvesen proxectos de clubs de lectura. Os integrantes do club de lectura deberán ser principalmente estudantes do centro, aínda que tamén se poderían unir outros membros da comunidade educativa.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027