Que la venta te acompañe

Si ti tamén es un deses emprendedores aos que o asunto das vendas se lles resiste ou sinxelamente queres mellorar as túas habilidades na comunicación co cliente, agora tes a oportunidade de participar na xornada Que la venta te acompañe, organizada por Galicia Open Future, en colaboración co Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura. Será impartida por Escuela Inventa e terá lugar o vindeiro 17 de febreiro na Sala Eisenman, (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela). 

A xornada dará comezo ás 16.00 horas, coa apertura do evento, que correrá a cargo de M Carmen López, directora de Galicia Open Future.  Constará de dúas partes; a primeira con 3 relatorios centrais:

  • ‘Mensajes que conectan con el cliente’, impartida por Manuel Paderne.
  • ‘Recursos para inspirar’, a cargo de Sandra Castro.  
  • ‘Siente la confianza para vender’, impartida por Eloy Gesto. 

Despois dun descanso no que os participantes terán a oportunidade de facer networking para aumentar a súa rede de contactos, dará comezo a segunda parte, onde os emprendedores de GOF e empresas do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura poderán participar nun obradoiro práctico, deseñado exclusivamente para eles e dinamizado polo equipo de Escuela Inventa.

Mentres se leva a cabo o obradoiro, o resto de asistentes poderán SENTIR as emocións que proporcionan os éxitos e as frustracións da venda, a través das experiencias compartidas por executivos e responsables comerciais de diferentes empresas, a través de 5 momentos inspiradores.

 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
12 — 31 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h