Programa de formación e asesoramento para empresas e profesionais culturais

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, pon en marcha un Programa de formación e asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais destinado a apoiar e mellorar a competitividade do sector nun momento especialmente delicado pola crise da covid-19.

No marco do programa, desenvolveranse unha serie de accións formativas centradas en ámbitos como emprego de novas tecnoloxías, internacionalización, capital risco ou xestión empresarial, e tamén en novas áreas de negocio, como a industria dos videoxogos. Con atención en liña e presencial na Cidade da Cultura os xoves e os venres, o servizo resolve dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas postas en marcha para paliar as consecuencias económicas da covid-19 e asesora tamén sobre temas como fontes de financiamento, plan de negocio, business angels, apertura de novos mercados, ou internacionalización.

Programa de formación

  • Programa de videoxogos e emprendemento
  • Programa de transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas empresas culturais e creativas
  • Coñece os programas europeos de apoio ao sector cultural
  • Apoio ao sector cultural na internacionalización. Programa FOEXGA
  • Coñece o programa TicCámaras
  • Na procura de financiamento: Conversas con…. 
  • O capital risco como fonte de financiación

As distintas sesións ou programas formativos desenvolveranse ben en liña, en formato webinario, ou ben presencialmente na Cidade da Cultura. 

Servizo de asesoramento

As empresas e profesionais culturais poden acudir ao servizo para asesorarse sobre as seguintes cuestións:

  • Procura de financiamento: Información para o acceso ás liñas de financiamento mais adecuadas ás características do seu proxecto empresarial e ás necesidades que se pretendan cubrir: axudas, subvencións, préstamos ICO, Igape e demais instrumentos financeiros articulados desde o Goberno, outros organismos e administracións, desde entidades financeiras ou Business Angels.
  • Plan de negocio e apetura de novos mercados. Información sobre ferramentas axeitadas para a reformulación de liñas de traballo  e posibilidades de desenvolvemento da empresa. Titorización no proceso de reorientar e desenvolver o plan económico-financeiro.
  • Internacionalización: posibilidades de internacionalizarse e asesoría na elaboración dun Plan de acción a curto prazo con accións e unha análise dos distintos programas e axudas de apoio á internacionalización. Tamén se resolverán de xeito rápido consultas puntuais sobre operacións de comercio exterior nas que a empresa teña dúbidas ou falta de información (como aranceis, documentos aduaneiros, fiscalidade, transporte internacional, misións comerciais...).
  • Medidas covid-19: Consultoría sobre cuestións laborais, fiscais e mercantís no contexto da covid-19. Resolución nun prazo de 24 horas das consultas formuladas sobre cuestións como ERTEs, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos etc.

Esta colaboración dá continuidade e amplía a oferta do servizo de asesoramento a empresas e profesionais culturais posto en marcha en 2020 no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19. 

 
 
6 Nov 2020 - 4 Abr 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De 9 a 21 h
12 Nov 2020 - 7 Mar 2021
De luns a domingo | De 10 a 20 h
21 Dec 2020 - 5 Mar 2021
De 9 a 21 h
30 Xan - 13 Mai 2021
De 9 a 21 h
16 Xan - 27 Mar 2021
Sábados ás 12 h
ADIADO A MAIO