Presentación VII Carreira Camiño das Letras

Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo M. Lorenzo, respectivamente, acompañados pola directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, presentarán a VII Carreira Camiño das Letras.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora con Xurdir S.L. no marco da programación institucional das Letras Galegas e organiza o luns 17 de maio de 2021 a VII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.

Constará dunha proba absoluta das categorías máster, sénior, sub23 e sub20 que sairá a partir das 10.00 horas desde as proximidades do Pico Sacro e seguirá un circuíto de 15 km, ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura. Todas as persoas participantes que se inscriban na proba recibirán como agasallo, no momento da recollida do dorsal, un libro e mais o diploma Camiño das Letras.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta