A Xunta está a desenvolver as medidas integradas na Estratexia da Paisaxe de Galicia, co fin de protexer e preservar os elementos mais significativos e característicos das diferentes paisaxes da nosa Comunidade Autónoma; ordenar a través de accións tendentes a mellorar, restaurar ou rexenerar as paisaxes; e xestionar dende unha perspectiva de uso sostible do territorio mediante iniciativas que guíen as transformacións inducidas polos procesos sociais, económicos e ambientais.
A Estratexia da Paisaxe de Galicia sinala as liñas mestras para o desenvolvemento dos instrumentos propios previstos na Lei da Paisaxe (7/2008, de 7 de xullo) e será presentada nesta xornada na Cidade da Cultura de Galicia.
Máis información, neste enlace:
http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Te...
























