Presentación Concurso de Ideas do Cluster de Turismo de Galicia

O vindeiro 14 de maio a Aula 1 da Biblioteca de Galicia acolle unha xornada explicativa do Concurso de Ideas do Cluster de Turismo de Galicia, dirixida a todos os asociados da entidade.

Este concurso de ideas ten o obxectivo de seleccionar os 7 mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG por un importe máximo de 174.000 euros en total. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Cada asociado poderá presentarse unicamente a un proxecto que deberá centrarse nalgunha das seguintes actividades propostas:

  • Organización de workshop con operadores de proximidade
  • Organización dun Workshop nunha cidade de proximidade con emisores e operadores de comercialización
  • Organización de viaxes de familiarización con operadores estranxeiros
  • Creación ou consolidación de produto orientado a algunha das seguintes actividades: Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Mananciais de Galicia, Paseando entre viñedos, Turismo mariñeiro, Faros e praias salvaxes, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Camelias de Galicia e top 10
  • Creación ou consolidación de produto orientado a: turismo cultural, turismo de praia e costa, turismo náutico, turismo interior e rural, turismo MICE, turismo urbano, turismo de saúde e termal, turismo activo e turismo de golf.
  • Creación ou consolidación de produto turístico emerxente ou orientado/enfocado a públicos prioritarios (senior, millenials, turismo familiar).

En calquera caso todos os proxectos aprobados deberán estar terminados e xustificados antes do 1 de novembro de 2019. O prazo para presentar as propostas, que deberán enviarse por correo electrónico o ao enderezo st@ctg. gal, remata o 31 de maio.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI