Premios Loitadores

A Cidade da Cultura de Galicia acolle I Edición dos Premios Loitadores, a festa da Fisioterapia galega na que se dará a benvida aos que inician a súa andaina profesional, recoñecerase a traxectoria a profesionais con longa traxectoria, e homenaxearase aos verdadeiros Loitadores e Loitadoras do día a día.

Trátase dun evento concibido seguindo o lema Loitador! Non te deteñas, que caracteriza tanto o espírito dos edas pacientes como o da profesión e que se expón como “un encontro entre colexiados e poboación, no que haberá espazo para a divulgación profesional da man de Loitadores e Loitadoras do cotián, entrega de premios ao esforzo e superación, Fisioterapia e moito máis”.

Xa está aberta a inscrición para participar neste evento organizado polo CoFiGa, ao que os colexiados e colexiadas que o desexen poderán asistir con acompañantes.

Todos os asistentes deberán cumprimentar, antes do 11 de febreiro/2019, o formulario que pódese descargar na seguinte ligazón: http://www.cofiga.org/premios-loitadores

GALARDÓNS  E TESTEMUÑOS

A atleta viguesa Desirée Vila e a Asocación de Atrofia Muscular Espinal serán garladoadas nesta edición, na que compartirán os seus testemuños o nadador paralímpico Chano Rodríguez Veloso, a fisioterapeuta e médico viguesa Susana Rodríguez Gacio e campioa do mundo de paratriatlón, e a cantante e actriz Miriam Fernández

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta