Piñeiros 23

A Fundación Arume organiza o día 10 de outubro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o encontro sectorial Piñeiros 23, que busca situar a Galicia como escaparate internacional da innovación na cadea forestal – madeira de coníferas. Nesta terceira edición, o programa divídese en tres bloques principais: edificios de baixo impacto con coníferas do sur de Europa; innovación e cooperación na mellora xenética do piñeiro radiata, e bioeconomía e madeira no espazo rural (moble, viño, arte e turismo).

O recoñecido arquitecto David Chipperfield, fundador e presidente da Fundación RIA será o encargado de impartir a conferencia inaugural do encontro. Ademais, o evento porá un foco especial en Euskadi, un dos territorios referente no manexo silvícola e no aproveitamento industrial do piñeiro radiata, sumando a participación de investigadores, empresas e outras entidades da comunidade vasca nos diferente espazos do programa.

A asistencia ao evento é por inscripción previa, que pode solicitarse a través do mail arume@fundacionarume.gal. Poderá asistirse presencialmente ou por vía streaming.

Máis información e programa completo de Piñeiros 23 neste ENLACE.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada