Os UAV e a súa aplicación á xestión do territorio

Primeira xornada da acción formativa Os UAV e a súa aplicación á xestión do territorio, curso de Formación Continua da Escola Galega de Administración Pública, que se desenvolverá en Santiago de Compostela ata o 25 de abril de 2018.

O curso está enfocado a que o alumnado acade coñecementos no emprego dos vehículos aéreos non tripulados e a súa aplicación a xestión do territorio. Vai dirixido a persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional, así como persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (enxeñeiros e arquitectos) dos grupos A1 e A2 que no seu traballo xeren, xestionen ou empregen información xeográfica.

O programa inclúe os seguintes contidos:

  • Conceptos básicos dos UAVs.
  • Lexislación e regulación.
  • Tipos de vehículos e sensores.
  • Aplicación dos Uavs na captura de información xeográfica.
  • Aplicación dos Uavs no medio natural.
  • Aplicación dos Uavs no recoñecemento e xestión de infraestruturas e construccións.
  • Aplicación dos Uavs no eido agroforestal.
  • Aplicación dos UAvs en protección civil.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada