Oportunidades Industria 4.0 en Galicia: Conclusións

O próximo 20 de marzo, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), e os centros tecnolóxicos que integran dita alianza, presentan no Salón de Convencións da Cidade da Cultura as conclusións do estudo Oportunidades Industria 4.0 en Galicia.

O estudo está impulsado polo IGAPE e ATIGA co obxectivo de de elaborar unha análise xeral, con informes sectoriais, que permita coñecer as mellores oportunidades das empresas galegas (en especial pemes) para abordar un proceso axeitado e acelerado de reindustrialización e modernización industrial, acorde en cada caso co nivel de partida e as oportunidades tecnolóxicas máis coherentes para o desenvolvemento de negocio industrial no futuro. A xornada contará coa participación do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

PROGRAMA DA XORNADA

09:30 h. Recepción e acreditacións

10:00 h. Apertura institucional

  • Juan Manuel Vieites, Presidente de ATIGA
  • Juan Cividanes, Director de IGAPE

10:15 h. Presentación das conclusións do estudo ‘Oportunidades Industria 4.0 en Galicia’

  •  Ana Paul, Directora Técnica do Estudo e Directora Innovación Tecnolóxica, CTAG

10:45 h. Mesa redonda Oportunidades Industria 4.0: primeiro bloque con empresas

  • Enrique Mandado, Director Industrial División Europa, Grupo Calvo
  • Eduardo García, Director de I+D, CupaGroup
  • Juan Jesús Pardo, Director Técnico e de Negocio, Tecdesoft
  • Ana Paul – Directora Técnica do Estudo e Directora Innovación Tecnolóxica, CTAG

11:30 h. Café

12:00 h. Mesa redonda Oportunidades Industria 4.0: segundo bloque con empresas

  • Diego Piñeiro, Director de Enxeñería e I+D+i, Selmark
  • Juan Lloves, Director planta Vigo GKN Driveline e Presidente CEAGA
  • Carlos Merino, Director Unidade Mixta de Investigación UDC – Navantia, Navantia
  • Ana Paul – Directora Técnica do Estudo e Directora Innovación Tecnolóxica, CTAG
  • Con la participación de Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

13:00 h. Networking

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI