Obradoiro: 'Ferramentas de venda'

O 5 de xuño ten lugar a seguinte sesión do programa de formación e titorización destinado a persoas emprendedoras e impartido no Centro de Emprendemento do Gaiás. Neste caso, trátase do obradoiro 'Ferramentas de Venda', unha actividade formativa co obxectivo de identificar e aprender a empregar diferentes técnicas de venda, priorizando as ferramentas máis oportunas para a actividade comercial no sector cultural e creativo.

Á súa vez, potenciaranse as habilidades de comunicación e fórmulas de presentación dos participantes mediante exercicios prácticos, reforzando a comunicación emocional e a empatía. Na última parte da sesión abordarase a análise de obxeccións e os procesos de negociación para orientar ao alumnado ao peche da venda.

O obradoiro será eminentemente práctico, facilitando guías e pautas para mellorar a venda e o peche de acordos comerciais.

A formación estará impartida por Nuria Fernández, licenciada en Administración e Dirección de empresas con máis de 10 anos de experiencia traballando para entidades públicas e privadas e nos 5 últimos anos como emprendedora. A súa experiencia permitiulle aplicar diferentes técnicas de venda para diferentes públicos: concellos, organismos autonómicos, asociacións empresariais, culturais e empresas.

Programa:

  • Técnicas de venda para cada tipo de cliente. Definición dos clientes e das diferentes fórmulas de venda de produtos/servizos culturais. Nesta parte introdutoria analizaranse as diferentes técnicas de venda orientadas aos proxectos que participan na formación. 
  • Habilidades comunicativas. Traballo en grupo e individualizado do alumnado para reforzar e mellorar a súa capacidade de oratoria e facilitar o coñecemento de diferentes estilos de presentación e comunicación asociados ao seu produto/servizo. 
  • Empatía e comunicación emocional. Presentación de novas técnicas de comunicación procedentes da Intelixencia Emocional para a mellora da comunicación profesional.
  • Ferramentas para a comunicación: definiranse as claves dunha comunicación real e efectiva, centrando o traballo na práctica e a análise de diferentes fórmulas: storytelling, pitching, video editing.
  • Negociación. Presentaranse o proceso de venda e as claves do inicio e peche por fases da negociación cun cliente.  
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI