Baixo o título, O mundo en pandemia, a Fundación Círculo de Montevideo celebra entre o 30 de novembro e o 1 de decembro de 2021 a súa XXVI reunión plenaria na Cidade da Cultura. O Círculo reúne destacados presidentes e gobernantes de América Latina e Europa, dirixentes de organizacións internacionais e de organismos multilaterais de crédito, así como prestixiosas personalidades de todo o mundo.
Desde a súa fundación, o Círculo de Montevideo ten como obxectivo abordar as novas realidades cunha visión ampla e múltiple, pero sempre con xente da democracia e con representantes do humanismo.
Podes seguir o evento en streaming na web da Fundación Círculo de Montevideo.
Programa
Martes 30 de novembro de 2021
09.00h.- Inauguración da xornada
- Palabras de benvida. Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
- Inauguracion das xornadas Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
09.30h.-
- "A política en tempos de redes". Julio María Sanguinetti, presidente da Fundación Círculo de Montevideo.
- "Novas formas de traballar". Carlos Slim, presidente empresarial da Fundación Círculo de Montevideo.
10.10h.- Pausa café
10.40h.- Novos e vellos inimigos da democracia.
- Felipe González
- Ricardo Lagos
- Alberto Núñez Feijóo
- Julio María Sanguinetti
- Carlos Slim Helú
12.10h.- A tensión entre realidades e expectativas. Moderador: Martín Santiago
- Natalio Botana
- Carlos Pagni
- Alberto Ruiz Gallardón
13.50h.- Almorzo
17.30h.- Reunión pechada
20.15h.- Recepción no Concello de Santiago de Compostela
Mércores, 1 de decembro de 2021
09.00h.- Inauguración da xornada
09.05h.- Novas ideas para novos mercados. Modera: Enrique Iglesias.
- Carlos Magariños
- José Juan Ruiz
10.00h.- Pausa café
10.30h.- Síntese das xornadas
Natalio Botana, Felipe González, Enrique Iglesias, Ricardo Lagos, Carlos Magariños, Carlos Pagni, Alberto Ruiz Gallardón, José Juan Ruiz, D. Martín Santiago, Julio María Sanguinetti, Carlos Slim.
13.00h.- Clausura. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
























