Novas tecnoloxías e TEA: linguaxe, comunicación e SAAC

Esta sesión formativa, organizada por AGMAL, ten como obxectivos descubrir as posibilidades das TIC como ferramenta para estimular o desenvolvemento da linguaxe e da comunicación en nenos e nenas con TEA; aprender recursos útiles e accesibles para a práctica profesional; ou saber adaptar os dispositivos e as aplicacións ás necesidades de cada usuario.

Así, o curso explora recursos e ferramentas tecnolóxicas para favorecer o desenvolvemento da linguaxe verbal e a comunicación en persoas con TEA. Desde aplicacións para estimular a produción verbal e as habilidades previas á fala, como a discriminación auditiva ou a linguaxe receptiva; ata ferramentas para traballar a forma, o contido e o uso da linguaxe ou recursos divertidos para fomentar a conversa e mellorar a organización do discurso. Para finalizar, o curso tratará tamén as tablets como recurso dixital para a comunicación aumentativa, repasando algunhas consideracións para seleccionar o recurso máis axeitado, así como os principios para implantar un comunicador dinámico.

O curso está aberto a todas as persoas interesadas en seguir formándose sobre o Trastorno de Espectro Autista: Maestros de Audición e Linguaxe, Pedagogos terapéuticos, Orientadores, Mestres, Psicopedagogos, Psicólogos, logopedas, etc.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI