Noite da Fisioterapia Galega

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) organiza a Noite da Fisioterapia Galega, un encontro lúdico de convivencia que servirá de marco para dar a benvida aos e ás fisioterapeutas que recentemente iniciaron a súa traxectoria profesional incorporándose á institución colexial, render homenaxe a compañeiros/as xa xubilados/as, colexiados/as honorarios/as que dedicaron a súa vida á Fisioterapia, ademais de facer entrega dos Premios CoFiGa 2022 a diferentes profesionais que se distinguiron polo seu labor no desenvolvemento e proxección da Fisioterapia na nosa comunidade autónoma.

Coa asistencia de autoridades autonómicas e representantes do sector sanitario de Galicia, a Noite da Fisioterapia Galega desenvolverase o venres 16 de setembro no Museo Centro Gaiás, co xornalista José Rivero como mestre de cerimonias e condutor da gala.

Programa:

  • 19:30 h / Recepción
  • 20:30 h / Presentación
  • 21:30 h / Cea
  • 22:45 h / Entrega Premios CoFiGa 2022
  • 23:40 h / Clausura
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta