A Associaçom Galega da Língua (Agal) organiza unha homenaxe á escritora Nélida Piñón cunha lectura pública continuada da súa obra A república dos soños os días 3 e 4 de maio. Esta actividade conta tamén coa coorganización da Academia Brasileira das Letras, xa que a lectura comezará en Río de Janeiro o día 3 e continuará en Santiago, na Cidade da Cultura, ata o día 4.
Para participar nesta homenaxe e na lectura, que coincidirá coa data de nacemento de Nélida Piñón —3 de maio—, desde Agal abriron o prazo de inscrición. Pódese reservar hora e tamén enviar vídeos, que serán emitidos entre ás 24 e as 10 horas do día 4 de maio.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 14 xul - 31 ago
























