Presentación de Latitude Contemporary Fashion Makers (wearelatitude.eu), unha empresa pioneira no mundo da moda que acaba de nacer co obxectivo de contribuir á reindustrialización do sector téxtil a través do valor engadido da sustentabilidade.
Latitude darase a coñecer a través da instalación The Balance of Fabric, coa que esta iniciativa quere convidar a reflexionar sobre a sustentabilidade e futuro futuro da moda. Levada a cabo polo colectivo Domestic Data Streamers, estará en funcionamento os días 22 e 23 de xanero no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
The Balance of Fabric será unha representación en tempo real de aquilo que desde Latitude pensamos e sentimos sobre a roupa que vestimos, convidando ao público a reflexionar sobre os seus hábitos e opinións ao redor da moda. Unha chamativa instalación que aunará arte e estatísticas, divulgación e reflexión, razón e emoción. A instalación estará aberta ao público o xoves 22, de 17.00 a 21.00 horas, e o venres 23, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.


























