A Cidade da Cultura acolle os laboratorios organizados por Pistacatro dentro da décima edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo, que se centran nas acrobacias e os malabarismos.
Do 28 ao 30 de novembro, Francesca Lissia e Celso Pereira aboradarán os portes acrobáticos como linguaxe escénica. O obradoiro desenvolverase en horario de mañá de 9:30 a 14:30 horas.
Os días 1 e 2 de decembro, de 10 a 14 horas, será o artista de circo francés Yan Virot quen ensine ás persoas participantes como se pode facer malabarismo creativo co corpo.
A 10ª edición do Encontro de Formación e Innovación en Circo D10! celebrarase do 23 de novembro ao 2 de decembro de 2025 con distintas actividades de capacitación e intercambio profesional, así como unha carteleira de espectáculos que lle amosarán ao público a versatilidade e variedade desta disciplina escénica. Santiago de Compostela e Pontevedra acollerán o programa deseñado para o décimo aniversario desta iniciativa pola compañía Pistacatro, que contou co patrocinio da Xunta de Galicia para a súa organización.
























