InqEDU 2019: Falemos de educación

inquEDU. Falemos de educación pretende ser un evento para compartir inquedanzas, divulgar ideas e fomentar o debate e a reflexión sobre a educación. O encontro, que se enmarca na programación desenvolvida polo Centro de Emprendemento do Gaiás, terá lugar os días 28 e 29 de maio cunha programación dirixida aos 14 centros educativos de toda Galicia previamente inscritos, que se desprazarán á Cidade da Cultura para participar neste evento.

Nesta terceira edición, o InquEDU volve adicar a súa primeira xornada ao poxecto ComunicaTedu da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dirixido a impulsar as competencias orais activas do estudantado. Xa na xornada do 29 de maio, a programación estará centrada na visibilización dos proxectos e iniciativas que se impulsan nos centros Educativos desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A promoción da igualdade entre homes e mulleres, a prevención da violencia machista e a promoción do uso do galego oral entre a xente moza son os eixos vertebradores desta edición. 

PROGRAMA

Martes 28 de maio

  • 11:00 a 11:40 | Posta en escena de 2 dos centros participantes no proxecto ComunicaTedu
  • 11:40 a 12:00 | Actuación musical: Marina & Fran
  • 12:00 a 12:40 | Posta en escena de 2 dos centros participantes no proxecto ComunicaTedu
  • 12:40 a 13:00 | Actuación musical: Marina & Fran
  • 13:00 a 13:40 | Posta en escena de 3 dos centros participantes no proxecto ComunicaTedu
  • 13:40 a 14:00 | Show Beatbox
  • 14:00 a 14:30 | Entrega de premios

Mércores 29 de maio

  • 11:00 a 11:20 | Presentación Institucional
  • 11:20 a 11:50 | 01_ Proxecto educativo IES A CACHADA | 02_Proxecto educativo IES MAXIMINO ROMERO + MARCO DO CAMBALLÓN
  • 11:50 a 12:30 Actuación MAGO PACO
  • 12:30 a 13:00 03_ Proxecto educativo IES CARLOS CASARES | 04_Proxecto educativo CEIP LABARTA POSE
  • 13:00 a 13:15 Museo | Entrevista a Joseba Muruzábal
  • 13:00 a 13:30 Espectáculo de títeres para os alumnos de infantil do CEIP Labarta Pose
  • 13:15 a 15:20 Talleres alimentación saudable | Exhibición pintura Joseba Muruzábal | Exhibición + Obradoiro de breakdance (Vella Escola)
  • 15:20 a 16:30 Discurshow VICENTE MOHEDANO. "Habito Terra, enerxías emotivas para tempos de vertixe".
  • 16:30 a 17:00 05_IES FRANCISCO DAVIÑA REY (21 días co galego) | 06_IES PONTEPEDRIÑA (21 días co galego)
  • 17:00 a 17:15 Show interactivo de Beatbox (Vella Escola)
  • 17:15 a 17:30 Entrevista en formato charla de Vicente Mohedano a Isadora (alumna brasileira do IES Francisco Daviña Rey) en torno as similitudes e diferencias entre a lingua e cultura brasileira e galega.
  • 17:30 a 17:50 Concurso "Pasapalabra" entre dous grupos de alumnos de distintos centros.
  • 17:50 a 18:20 07_ IES ANTÓN ALONSO RÍOS (21 días co galego) | 08_IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (21 días co galego)
  • 18:20 a 19:00 Show de Turntablism Dj (Vella Escola)
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI